venres, 20 de xullo de 2018

ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS. LETRAS GALEGAS 2019

descarga (1)
descarga (2)
Anton-Fraguas
2018070717235738728
BIOGRAFÍA

UNIDADES DIDÁCTICAS

OBRAS: O ENTROIDO

OBRAS

LIBROS SOBRE ANTÓN FRAGUAS

ANTROPOLOXÍA

BIOGRAFÍA







Antón Fraguas Fraguas, nado en Insuela, en Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, destacado historiador e antropólogo galeguista, foi escollido polo pleno da Real Academia Galega como o persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2019.
Fraguas estudou o bacharelato en Pontevedra, onde foi alumno de Castelao e Antón Losada Diéguez, e a carreira de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1928. Xa en 1923, con 18 anos, fundou en Pontevedra a Sociedade da Lingua, co obxectivo de loitar na defensa do galego e publicar un dicionario, que nunca saíu á luz. Cando foi a Santiago ingresou nas Irmandades da Fala e comezou a colaborar co Seminario de Estudos Galegos, no que foi admitido como membro en 1928, nas seccións de Xeografía e de Etnografía e Folclore. Dentro do Seminario iniciou o estudo da xeografía histórica de Galicia, dedicándose especialmente ás rías Baixas e ás terras de Cotobade. Como etnógrafo, comezou co estudo dos costumes ó redor do Entroido.
Foi profesor do instituto da Estrada desde 1933 ata o comezo da guerra civil. En xullo de 1936 apareceu La Voz de Cotobad baixo a súa dirección. Tralo golpe de estado de 1936 sufriu represión polas súas actitudes galeguistas, sendo depurado do seu posto de traballo. Tras ser detido, ademais, foi obrigado a borrar con sosa cáustica as pintadas a prol do Estatuto de Autonomía. Tivo que traballar no ensino privado até que en 1950 puido recuperar a cátedra do instituto e poder doutorarse, o que fixo na Universidade de Madrid cunha tese sobre o colexio de Fonseca. Posteriormente foi profesor en Lugo e Santiago, ata a súa xubilación en 1975.Fraguas foi un dos protagonistas da transformación do Seminario de Estudos Galegos, desmantelado polo réxime de Francisco Franco, no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, no que foi bibliotecario, secretario e director da sección de Etnografía e Folclore, publicando as súas investigacións na revista editada polo Instituto, Cuadernos de Estudios Gallegos.O 19 de abril de 1951 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega, na que ingresou o 8 de maio, ocupando a cadeira que deixara Castelao. Foi presentado por Salustiano Portela Pazos, Ramón Otero Pedrayo e Luís Iglesias Iglesias, e o seu discurso de ingreso, Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán (Coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade), foi contestado por Ramón Otero Pedrayo.
En 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago, instalado no convento de San Domingos de Bonaval, que en 1975 pasou a ser denominado Museo do Pobo Galego. Xaquín Lorenzo era o Presidente da Fundación e, á morte deste en 1989, Fraguas ocupou os cargos de director e presidente. En 1994 dooulle ao Museo a súa biblioteca particular, composta por uns 20.000 volumes.
Outros cargos que desempeñou Fraguas ao longo da súa vida foron, entre outros, a coordinación da sección de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega (1983), membro numerario da Real Academia Galega das Ciencias, a Real Academia da Historia, a Asociación de Arqueólogos de Portugal ou a Sociedade Portuguesa de Etnoloxía.Foi nomeado Pontevedrés do ano en 1973; concedéronlle o Pedrón de Ouro en 1984 e a Insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego o mesmo ano; recibiu o Premio Trasalba en 1985, e a Medalla Castelao; Premio Otero Pedrayo en 1992, ano en que tamén foi nomeado Cronista Oficial de Galicia; Premio das Artes e das Letras de Galicia en 1995. En 1989 foi nomeado fillo adoptivo de Santiago de Compostela.
Trala súa morte, creouse a Fundación Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego, co obxecto de “proxectar, conservar e dinamizar o patrimonio que Fraguas e toda a xeración por el representada crearon e rescataron para a conservación futura da memoria de Galicia”. Así mesmo, a Deputación Provincial da Coruña convocou na súa memoria o Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas.
Leva o seu nome o IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela, así como rúas en varias cidades e vilas.





::Axenda cultural AELG::                     

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Antón Fraguas (Letras Galegas 2019)

UNIDADES DIDÁCTICAS















  CUESTIONARIO










OBRAS: O ENTROIDO



PREME PARA LER



Cerdedo-Cotobade revive o Entroido de Fraguas








OBRAS

______________________________________________________

👉  Libros, folletos, relatorios, homenaxes e artigos en revistas especializadas (RAG)
 🔺🔻🔺🔻🔺🔻🔺🔻🔺🔻🔺🔻



                    👉




  AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO



                          portada La Galicia Insolita. Tradiciones Gallegas         






                     





     


                

LIBROS SOBRE ANTÓN FRAGUAS