venres, 20 de xullo de 2018

BIOGRAF脥A







Ant贸n Fraguas Fraguas, nado en Insuela, en Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, destacado historiador e antrop贸logo galeguista, foi escollido polo pleno da Real Academia Galega como o persoeiro homenaxeado no D铆a das Letras Galegas do vindeiro ano 2019.
Fraguas estudou o bacharelato en Pontevedra, onde foi alumno de Castelao e Ant贸n Losada Di茅guez, e a carreira de Filosof铆a e Letras en Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1928. Xa en 1923, con 18 anos, fundou en Pontevedra a Sociedade da Lingua, co obxectivo de loitar na defensa do galego e publicar un dicionario, que nunca sa铆u 谩 luz. Cando foi a Santiago ingresou nas Irmandades da Fala e comezou a colaborar co Seminario de Estudos Galegos, no que foi admitido como membro en 1928, nas secci贸ns de Xeograf铆a e de Etnograf铆a e Folclore. Dentro do Seminario iniciou o estudo da xeograf铆a hist贸rica de Galicia, dedic谩ndose especialmente 谩s r铆as Baixas e 谩s terras de Cotobade. Como etn贸grafo, comezou co estudo dos costumes 贸 redor do Entroido.
Foi profesor do instituto da Estrada desde 1933 ata o comezo da guerra civil. En xullo de 1936 apareceu La Voz de Cotobad baixo a s煤a direcci贸n. Tralo golpe de estado de 1936 sufriu represi贸n polas s煤as actitudes galeguistas, sendo depurado do seu posto de traballo. Tras ser detido, ademais, foi obrigado a borrar con sosa c谩ustica as pintadas a prol do Estatuto de Autonom铆a. Tivo que traballar no ensino privado at茅 que en 1950 puido recuperar a c谩tedra do instituto e poder doutorarse, o que fixo na Universidade de Madrid cunha tese sobre o colexio de Fonseca. Posteriormente foi profesor en Lugo e Santiago, ata a s煤a xubilaci贸n en 1975.Fraguas foi un dos protagonistas da transformaci贸n do Seminario de Estudos Galegos, desmantelado polo r茅xime de Francisco Franco, no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, no que foi bibliotecario, secretario e director da secci贸n de Etnograf铆a e Folclore, publicando as s煤as investigaci贸ns na revista editada polo Instituto, Cuadernos de Estudios Gallegos.O 19 de abril de 1951 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega, na que ingresou o 8 de maio, ocupando a cadeira que deixara Castelao. Foi presentado por Salustiano Portela Pazos, Ram贸n Otero Pedrayo e Lu铆s Iglesias Iglesias, e o seu discurso de ingreso, Roseiras e paxari帽os nas cantigas dun ser谩n (Coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade), foi contestado por Ram贸n Otero Pedrayo.
En 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago, instalado no convento de San Domingos de Bonaval, que en 1975 pasou a ser denominado Museo do Pobo Galego. Xaqu铆n Lorenzo era o Presidente da Fundaci贸n e, 谩 morte deste en 1989, Fraguas ocupou os cargos de director e presidente. En 1994 dooulle ao Museo a s煤a biblioteca particular, composta por uns 20.000 volumes.
Outros cargos que desempe帽ou Fraguas ao longo da s煤a vida foron, entre outros, a coordinaci贸n da secci贸n de Antropolox铆a do Consello da Cultura Galega (1983), membro numerario da Real Academia Galega das Ciencias, a Real Academia da Historia, a Asociaci贸n de Arque贸logos de Portugal ou a Sociedade Portuguesa de Etnolox铆a.Foi nomeado Pontevedr茅s do ano en 1973; conced茅ronlle o Pedr贸n de Ouro en 1984 e a Insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego o mesmo ano; recibiu o Premio Trasalba en 1985, e a Medalla Castelao; Premio Otero Pedrayo en 1992, ano en que tam茅n foi nomeado Cronista Oficial de Galicia; Premio das Artes e das Letras de Galicia en 1995. En 1989 foi nomeado fillo adoptivo de Santiago de Compostela.
Trala s煤a morte, creouse a Fundaci贸n Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego, co obxecto de “proxectar, conservar e dinamizar o patrimonio que Fraguas e toda a xeraci贸n por el representada crearon e rescataron para a conservaci贸n futura da memoria de Galicia”. As铆 mesmo, a Deputaci贸n Provincial da Coru帽a convocou na s煤a memoria o Certame de Artesan铆a Antonio Fraguas Fraguas.
Leva o seu nome o IES Ant贸n Fraguas de Santiago de Compostela, as铆 como r煤as en varias cidades e vilas.





::Axenda cultural AELG::                     

Asociaci贸n de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Ant脙³n Fraguas (Letras Galegas 2019)

Ning煤n comentario: